As Xuventudes Socialistas de Galicia amosan a súa indignación ante as declaracións do Presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, nunha entrevista onde nega que os mozos e mozas do país vaian vivir peor que os seus pais.

Xurxo Doval, secretario xeral, sinala que “o Sr. Pardo tal vez nunca tivo que coller o autobús para moverse polo país; solicitar unha bolsa de estudos ou de investigación; ter que buscar emprego en Ourense ou Lugo; pagar un aluguer; o único esforzo que fixo na súa vida foi o de sacarse o carné de Novas Xeracións”

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) amosan a súa indignación ante as declaracións do Presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, nunha entrevista onde nega que os mozos e mozas do país vaian peor vivir que os seus pais.

Na entrevista, o líder das Xuventudes do PPdeG e deputado autonómico, considera que non existe precariedade laboral na mocidade galega e que a realidade vai moito máis alá do “mundo gris” que se vende desde a esquerda.

Dende Xuventudes Socialistas lémbranlle que “dende que Feijóo entrou na Xunta máis de 80000 mozos e mozas marcharon do país pola falta de oportunidades, de políticas sociais e laborais que facilitasen a creación de proxectos vitais”.

Os mozos e mozas socialistas sinalan que “a realidade está aí cando a xuventude debe compaxinar estudos e traballo para poder permitirse a vida académica; cando o salario mínimo cómese máis do 80% do aluguer dun piso e tárdase de media 4 anos en atopar un salario acorde; cando en Galicia se rexeita o talento investigador e profesional ao manter sectores económicos desactualizados coa nova revolución industrial…”

Xurxo Doval, secretario xeral, sinala que “o Sr. Pardo tal vez nunca tivo que coller o autobús para moverse polo país; solicitar unha bolsa de estudos ou de investigación; ter que buscar emprego en Ourense ou Lugo; pagar un aluguer; o único esforzo que fixo na súa vida foi o de sacarse o carné de Novas Xeracións”.

O líder socialista preguntouse que “fixeron Feijóo e Rueda pola xuventude? 11 anos sen executar as axudas de acceso á vivenda; recortes no sistema sanitario e educativo tanto nas cidades como no rural; falta de políticas activas de emprego que tiveron que desenvolver as administracións inferiores como a Deputación de Lugo co programa “Reiníciate””; o carné xove desfasado e o CONXUGA afundido”.

Doval rematou indicando que “onde estivo o Sr.Pardo estes anos cando se desgarraba o estado de benestar en Galicia? Pois de asesor da Xunta e agora de quentador dunha butaca no Parlamento. Normal que lle pareza que todo vai ben, porque o seu escudo social chámase PPdeG”.

Xuventudes Socialistas de Galicia