About xsgaliciaWP

This author has not yet filled in any details.
So far xsgaliciaWP has created 27 blog entries.

Brais González novo coordinador provincial de Xuventudes Socialistas en Ourense

As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde o ourensá, Brais González Fernández, ficou proclamado coordinador provincial baixo a reivindicación de "ser a vangarda xeracional que non se quere resignar máis ante as crises, o neoliberalismo, a emerxencia climática e, como non, a despoboación: loitaremos por avanzar en dereitos e liberdades.

By |2022-08-10T10:32:22+00:0019 de Abril de 2022|NOTICIAS|0 Comments

David zapata escollido como novo coordinador provincial de Xuventudes Socialistas en Lugo

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde o lucense David Vázquez Zapata, ficou proclamado coordinador provincial baixo o compromiso de "traballar cóbado con cóbado coas agrupacións municipais para que dende os concellos e a Deputación poidamos facer fronte aos problemas da mocidade".

By |2022-08-10T10:32:51+00:0019 de Abril de 2022|NOTICIAS|0 Comments

Xuventudes Socialistas denuncia que “con Rueda gaña a patronal do xogo e perden os enfermos de ludopatía”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron este mércores en Ourense a campaña "APPosta. Ti perdes, eles gañan" na cal denuncian a inexistente regulación do xogo en Galicia e os vínculos familiares e amistosos que unen á patronal co PpdeG.

By |2022-07-27T13:06:50+00:0013 de Abril de 2022|NOTICIAS|0 Comments

Xuventudes Socialistas denuncian que Feijóo é o virus da pandemia da ludopatía

As Xuventudes Socialistas de Galicia fixeron un reparto da súa campaña “aPPosta.Ti perdes, eles gañan” no centro da cidade herculina para alertar do vínculo do PPdeG coa patronal do xogo no país e como se protexen as costas nunha rede case familiar Eduardo Astray, secretario local, advertiu que “a ameaza do xogo está tan presente na cidade, que na praza de Pontevedra encontramos unha sede de Codere a escasos metros dun colexio” Xurxo Doval, secretario nacional, sinalou que “o xogo supón un potencial risco para a mocidade galega, sobre todo cando máis do 2% dos menores pode ter ludopatía, e o único culpable é o Sr. Feijóo”

By |2022-07-27T12:27:03+00:0026 de Marzo de 2022|NOTICIAS|0 Comments

Xuventudes Socialistas reivindican o compromiso do Goberno co estudantado universitario

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) deron hoxe unha rolda de prensa en Santiago para celebrar que o Goberno de España cumpre cunha demanda histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa bolsa MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía.

By |2022-08-10T10:33:11+00:0025 de Marzo de 2022|NOTICIAS|0 Comments

XSG: “Celebramos a reforma do aceso e tramitación ás Becas MEC pero esiximos que a Xunta tamén se adecúe aos novos prazos”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebran que o Goberno de España cumpra cunha reivindicación histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía.

By |2022-08-10T10:33:24+00:0021 de Marzo de 2022|NOTICIAS|0 Comments
Go to Top