As Xuventudes Socialistas de Galicia presentaron este venres en Santiago, diante da biblioteca Concepción Arenal, a campaña “APPosta. Ti perdes, eles gañan” na cal denuncian a inexistente regulación do xogo en Galicia e os vínculos familiares e amistosos que unen á patronal co PPdeG.

Sergio Álvarez, coordinador da campaña, informou da gravidade que supón que “o 2% dos menores están en risco de ludopatía, se o trasladásemos ao total da poboación galega sería unha barbaridade en termos absolutos. Estanse a aproveitar dos problemas da nosa xeración”

Xurxo Doval, secretario xeral, alertou de que “os datos son preocupantes e non se entende a pasividade da Xunta na materia. O xogo é a cocaína do século XXI e Feijóo non mudou o seu roll neste tempo”

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron este venres en Santiago, diante da biblioteca Concepción Arenal, a campaña “APPosta. Ti perdes, eles gañan” na cal denuncian a inexistente regulación do xogo en Galicia e os vínculos familiares e amistosos que unen á patronal co PPdeG.

Dende a organización moza critican “a falta de acción política por parte da Xunta de Galicia para modificar unha lei que leva inalterada dende os anos 80, cando a situación do xogo transformouse completamente”. Según eles, non lles estraña dado que “o presidente da patronal galega, AGEO, é o marido dunha recoñecida parlamentaria popular e ten colaborado activamente en encontros políticos de Rueda”.

Os mozos e mozas socialistas fanse eco duns estudos realizados pola USC que amosan que a idade media do “xogador” estase a aproximar á veintena e baixando, algo que non sorprende xa que a principal forma de aposta son as deportivas, as cales presentan unha gran accesibilidade.

Sergio Álvarez, coordinador da campaña, informou da gravidade que supón que “o 2% dos menores estean en risco de ludopatía, se o trasladásemos ao total da poboación galega sería unha barbaridade en termos absolutos. Estanse a aproveitar dos problemas da nosa xeración”.

O mozo socialista pediulle aos galegos e galegas que “pensasen que, sendo eles susceptibles de acabar arruinados/as por unha adicción tan forte como a ludopatía, estarían protexidos polo PPdeG cando este depende económica e familiarmente da patronal do xogo”.

Xurxo Doval, secretario xeral, alertou de que “os datos son preocupantes e non se entende a pasividade da Xunta na materia. O xogo é a cocaína do século XXI e Feijóo non mudou o seu roll neste tempo”.

O mozo afirmou que “estamos ante unha rede mafiosa do xogo da que Feijóo forma parte e protexe co poder institucional”. Engade, “Guadalupe Murillo, deputada do PP e presidenta do CF Pontevedra, está casada co presidente da patronal do xogo galego”.

O líder galego denuncia que “os fogares país volven a ser vítimas dos intereses dunha elite que se lucra das súas miserias e que impulsa a Feijóo no seu salto a Madrid”. “Feijóo e as súas amizades son o virus dunha pandemia que está a asfixiar a unha nova xeración de mozos e mozas” salientou.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Sergio
Xurxo