As Xuventudes Socialistas de Galicia celebran que o Goberno de España cumpra cunha reivindicación histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía

Brais López, secretario de Educación, universidades e FP, sinala que “outro ano máis superase a cifra destinada para as bolsas acadando os 2134 millóns de euros, o que lle permitirá a un maior número de galegos/as acceder a elas”

Xurxo Doval, secretario xeral, avisa de que “mentres o Sr. Feijóo anda de tour turístico por España perseguindo unha meta persoal, o Goberno de España dá respostas. Agora tócalle á Xunta de Galicia, que se atopa sen rumbo e á deriva, cambiar os seus prazos”

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebran que o Goberno de España cumpra cunha reivindicación histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía.

Dende a organización moza sinalan que “este cambio implántase a través dunha modificación nos períodos para a presentación da solicitude, que agora terá que realizarse entre o 30 de Marzo e o 12 de Maio”.

Dende a organización comentan que “naqueles casos nos que as persoas interesadas estean a cursar 2º de Bacharelato e vaian realizar a ABAU, a tramitación das mesmas será feita pola propia Universidade.

Brais López, Secretario de educación, universidades e FP clama que “este avance servirá para esclareceres o futuro de tantos compañeiros e compañeiras que ano tras ano sufrían a incerteza da aprobación da beca”.

O mozo socialista destaca que “outro ano máis superase a cifra destinada para as bolsas acadando os 2134 millóns de euros (case un 40% máis dende 2018), o que lle permitirá a un maior número de galegos/as acceder a elas”. “Seguimos apostando por un modelo educativo inclusivo e aberto para que todas as persoas teñan a mesma oportunidade de formarse, as bolsas son ferramentas non premios” engadiu.

Xurxo Doval, secretario xeral, avisa de que “mentres o Sr. Feijóo anda de tour turístico por España perseguindo unha meta persoal, o Goberno de España dá respostas. Agora tócalle á Xunta de Galicia, que se atopa sen rumbo e á deriva, cambiar os seus prazos”.

O líder socialista pídelle a Feijóo que “reme na mesma dirección e adapte os prazos das súas bolsas aos do Ministerio”. Engade : “Esquécese de que estamos a falares dunha reivindicación histórica que non fai máis que facilitar a toma dunha complicada decisión, porque dende logo na Galicia hai miles de estudantes que “dependen directamente destas axudas”.

Finalmente sentenciaron que “o señor Feijóo deixou claras as súas prioridades, e entre elas non estamos os estudantes”.

Xuventudes Socialistas de Galicia