As Xuventudes Socialistas de Galicia celebraron que o Goberno de España cumpra cunha demanda histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa bolsa antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía
Brais López, secretario de Educación, universidades e FP, sinala que “outro ano máis superase a cifra destinada para as bolsas acadando os 2134 millóns de euros, o que lle permitirá a un 13% máis de galegos/as acceder a elas”
Xurxo Doval, secretario xeral, avisou de que “mentres o Sr. Feijóo anda de tour turístico por España perseguindo unha meta persoal, o Goberno de España dá respostas. Agora tócalle á Xunta de Galicia, que se atopa sen rumbo e á deriva, cambiar os seus prazos”
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) deron hoxe unha rolda de prensa en Santiago para celebrar que o Goberno de España cumpre cunha demanda histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa bolsa MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía.
Dende a organización moza sinalaron que “este cambio implántase a través dunha modificación nos períodos para a presentación da solicitude, que agora terá que realizarse entre o 30 de Marzo e o 12 de Maio”.
Dende a organización comentaron que “naqueles casos nos que as persoas interesadas estean a cursar 2º de Bacharelato e vaian realizar a ABAU, a tramitación das mesmas será feita pola propia Universidade.
Brais López, Secretario de educación, universidades e FP clamou que “este avance servirá para esclareceres o futuro de tantos compañeiros e compañeiras que ano tras ano sufrían a incerteza da aprobación da bolsa”. “Esta axuda permite á mocidade desfrutar non só da formación universitaria, se non poder acceder tamén a outras necesidades”.
O mozo socialista destacou que “outro ano máis superase a cifra destinada para as bolsas acadando os 2134 millóns de euros (case un 40% máis dende 2018), o que lle permitirá a un 13% máis de galegos e galegas acceder a elas”. “Seguimos apostando por un modelo educativo inclusivo e aberto para que todas as persoas teñan a mesma oportunidade de formarse, as bolsas son ferramentas non premios” engadiu.
Xurxo Doval, secretario xeral, avisou de que “mentres o Sr. Feijóo anda de tour turístico por España perseguindo unha meta persoal, o Goberno de España cumpre, e que agora tócalle á Xunta de Galicia, que se atopa sen rumbo e á deriva, cambiar os seus prazos”. “Para Feijóo a xuventude tan só é un eslabón débil para alimentar o seu salto en Madrid”:
O líder socialista reafirmou o “valor social que teñen as bolsas como instrumentos, e non premios, que permiten aos máis desfavorecidos/as ter os mesmos retos e soños que os demais”.
Xuventudes Socialistas de Galicia