As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde o ourensá, Brais González Fernández, ficou proclamado coordinador provincial baixo a reivindicación de “ser a vangarda xeracional que non se quere resignar máis ante as crises, o neoliberalismo, a emerxencia climática e, como non, a despoboación: loitaremos por avanzar en dereitos e liberdades”

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, advertiu que “o gran reto das Xuventudes Socialistas é o de reactivar a provincia dende todos os seus recunchos, animando á mocidade a pelexar por proxectos vitais na nosa terra, o que implica oportunidades e equidade fronte a “meritocracia” caciquil de Baltar e Jácome”

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde o ourensá, Brais González Fernández, ficou proclamado coordinador provincial baixo a reivindicación de “ser a vangarda xeracional que non se quere resignar máis ante as crises, o neoliberalismo, a emerxencia climática e, como non, a despoboación: loitaremos por avanzar en dereitos e liberdades.

No encontro, que tivo lugar na sede provincial dos socialistas, estivo presente tamén o secretario xeral nacional, Xurxo Doval, quen a súa vez participou tamén como Coordinador Provincial saínte tras “dous anos moi duros politicamente falando”.

O novo coordinador, Brais González, destacou que “as políticas socialistas dos distintos concellos da provincia, tanto no goberno como na oposición, son un selo da calidade fronte a endogamia clientelar arraigada na Deputación”.

O mozo socialista asumía “con ilusión e agarimo cara a militancia, co compromiso de traballar e estar aí coa mocidade ante os tempos difíciles que se aveciñan e co reto por diante de mudar, xunto co PSdeG, o panorama provincial dentro de 12 meses”.

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, advertiu que “o gran reto das Xuventudes Socialistas é o de reactivar a provincia dende todos os seus recunchos, animando á mocidade a pelexar por proxectos vitais na nosa terra, o que implica oportunidades e equidade, fronte a “meritocracia” caciquil de Baltar e Jácome”

Información de interese:

Brais González, nado en Ourense no ano 2002 (20 anos), é estudante de Historía e Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela. Previamente coordinou algunha campaña na súa agrupación local de Xuventudes Socialistas de Ourense.

Xuventudes Socialistas de Galicia