As Xuventudes Socialistas de Ourense realizaron este sábado unha asemblea ordinaria onde a moza de 26 anos ficou proclamada como nova líder da agrupación municipal abrindo unha nova etapa coa “mesma ilusión, metas e obxetivos cos que entrei hai 3 anos”
Alba Iglesias, secretaria xeral, amosou “a importancia da presenza feminina na organización, xa que nós especialmente temos que continuar ao pé do cañón para que ninguén quede atrás, para ter as mesmas oportunidades, aínda que a maioría das veces sexan as nosas propias cabezas as que nolo poñen máis difícil” en referencia á síndrome da impostora
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, despediuse da responsabilidade municipal afirmando que “xuventudes non só é unha escola de vida, tamén debe ser o boulevard dos grandes sonos por cumprir” e que “o don desta agrupación é o da xenuidade, polo que ningén nin nada nos cambie, só o noso rapaz de antano pódenos xulgar”
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022
As Xuventudes Socialistas de Ourense (XSG-Ourense) realizaron este sábado unha asemblea ordinaria onde a moza de 26 anos ficou proclamada como nova líder da agrupación municipal abrindo unha nova etapa coa “mesma ilusión, metas e obxetivos cos que entrei hai 3 anos”.
No encontro, tamén estiveron Brais González, coordinador provincial de XSG; Xurxo Doval, secretario xeral nacional e ex secretario local; e militantes do PSdeG-PSOE de Ourense encabezados pola súa secretaria xeral, Natalia González Beneitez.
Alba Iglesias agradeceulle aos seus compañeiros e compañeiras que lle tiveran confiado a responsabilidade de liderar un novo proxecto municipal, sinalando que “a mocidade que nos agrupamos politicamente facémolo dentro dun proceso de formación e de acompañamento, onde a nosa etapa nas Xuventudes Socialistas non é pasaxeira como unha moda, é unha loita constante contra os xigantes que vimos derrubar”.
A moza socialista amosou “a importancia da presenza feminina na organización, xa que nós especialmente temos que continuar ao pé do cañón para que ninguén quede atrás, para ter as mesmas oportunidades, aínda que a maioría das veces sexan as nosas propias cabezas as que nolo poñen máis difícil” en referencia á síndrome da impostora.
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, despediuse da responsabilidade municipal afirmando que “xuventudes non só é unha escola de vida, tamén debe ser o boulevard dos grandes sonos por cumprir” e que “o don desta agrupación é o da xenuidade, polo que ningén nin nada nos cambie, só o noso rapaz de antano pódenos xulgar”.
Natalia González Beneitez reivindicou “o papel dunha agrupación moza activa que empuxa ao partido a traballar pola xuventude, e que esa debe ser a relación dunha equipa imparable que debera ter unha presenza relevante nas próximas eleccións municipais”.
A nova Executiva tamén está integrada por: Sarai Voces como vicesecretaria xeral; Brais González, secretario de organización; Pablo Rey, secretario de relacións institucionais; Sabela de la Fuente, secretaria de igualdade.
Información de interese:
Alba Iglesias, nada en 1996 en Ourense, orixinal do barrio do Vinteún. Estudou dereito na Universidade da Coruña e actualmente compatibiliza os seus estudos de oposición con diversos empregos na cidade (actualmente traballa na tenda de ropa infantil A Pequena Coqueta na praza das Mercedes).
Xuventudes Socialistas de Galicia