As Xuventudes Socialistas de Galicia tachan de vergoñento todo o espectáculo que está a crear o regreso dun “prófugo” como Juan Carlos de Borbón e todo o branqueamento que dende a Xunta se lle está intentando facer

Xurxo Doval, secretario xeral, manifestou que “isto vai máis aló do debate de monarquía ou república, estase a demostrar que o principio de igualdade ante a xustiza ou de dignidade institucional é algo que non casou, casa nin casará coa endemia Borbónica”

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia tachan de vergoñento todo o espectáculo que está a crear o regreso dun “prófugo” como Juan Carlos de Borbón e todo o branqueamento que dende a Xunta se lle está intentando facer.

Dende a organización moza lembran que entorno o ex jefe de estado xiran irregularidades millonarias froito das súas amizades perigosas coas que durante anos lle permitiron levar unha vida ostentosa: “mentres o país sufría, pasaba fame, se lle recortaban dereitos nos servizos públicos, él usaba os cartos da cidadanía para cazar elefantes e cubrir o seu apetito sexual”.

Dende a organización socialista lamentan que, tras case 2 anos, “o primeiro lugar que recibe con honores a Juan Carlos sexa Galiza. Ao Sr. Rueda só lle falta convidalo a durmir a Montepío”.

Xurxo Doval, secretario xeral, manifestou que “isto vai máis aló do debate de monarquía ou república, estase a demostrar que o principio de igualdade ante a xustiza ou de dignidade institucional é algo que non casou, casa, nin casará coa endemia Borbónica”. “O que estamos a ver estes días é a versión moderna do regreso dunha figura noxenta coma Fernando VII”.

O líder socialista cuestionou as palabras de Rueda sinalando que “Galiza xa estaba no mapa antes de que a convertesen na cova de ‘Ali Baba’, tan só falta Roldán na mesa e xa estarían todos”.

Xuventudes Socialistas de Galicia