As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron este sábado a lectura do seu manifesto polo orgullo 2022 na Alameda de Santiago de Compostela diante da estatua de Lorca

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “destinar de un 0,0002% ao colectivo LGTBI máis que un orzamento é un ornamento, o que leva a loar a resiliencia do colectivo que resiste sen recursos, nin apoios, nun ano cheo de agresións”

Javier Carballo, secretario LGTBI do PSdeG, reclamou “a urxencia de políticas LGTBI no país, onde a súa lei leva no caixón pola xunta dende que se aprobou incumprindo o artigo 8 que lle encomenda a traballar en pro do colectivo”

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2022

As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron este sábado a lectura do seu manifesto polo orgullo 2022 na Alameda de Santiago de Compostela diante da estatua de Lorca. No acto estivo presente o secretario LGTBI do PSdeG, Javier Carballo e o concelleiro da cidade, Rubén Prol.

A organización socialista reivindicou o mes do Orgullo baixo o lema “Galiza resiste con Orgullo” denunciando os silencios cómplices das administracións gobernadas polo PPdeG e ausencia de políticas orientadas a combater a LGTBIfobia. Exemplo disto é o aumento das agresións un 70% respecto o ano pasado e que na actualidade, según a UXT, Galicia é a terceira comunidade con maior discriminación laboral por razón de identidade ou orientación sexual

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “destinar de un 0,0002% ao colectivo LGTBI máis que un orzamento é un ornamento, o que leva a loar a resiliencia do colectivo que resiste sen recursos, nin apoios, nun ano cheo de agresións”.

O líder socialista advertiu do “medo co cal os mozos e mozas do país comezan a saír á rúa ante os aumentos de casos de violencia lgtbifobica polas noites” e preguntouse se “Alfonso Rueda sabe o que é saír con medo á rúa”.

Javier Carballo, secretario LGTBI do PSdeG, reclamou “a urxencia de políticas LGTBI no país, onde a súa lei leva no caixón pola xunta dende que se aprobou incumprindo o artigo 8 que lle encomenda a traballar en pro do colectivo”.

Ambos coincidiron en reivindicar a figura dos socialistas como precursores autonómicos e estatais de todos os avances sociais do país en materia do colectivo LGTBI, agora coa Lei Zerolo. “Cada vez que un socialista chega á Moncloa ou a San Caetano, conquístanse liberdades” dixo Javier.

Finalmente emprazaron aos galegos e galegas a secundar todas as manifestacións e actividades convocadas por todo o país.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xurxo
Javi