A organización denuncia que “ogallá Adrián Pardo tivese a mesma énfase que ten para pedir un cambio no PP, como para defender o interese da xuventude galega abandonada pola xestión de Feijóo “
Xurxo Doval, secretario xeral, alerta da “falta de valentía e serenidade política por parte de Pardo para denunciar a corrupción de Ayuso, porque sabe que iso tamén pasa en Galicia, e a “famiglia” está por enriba da honorabilidade das institucións”
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022
As Xuventudes Socialistas (XSG) non dan crédito ao circo político iniciado co conflito Ayuso-Casado e que terá como vencedor a Feijóo, algo que din que “xa levamos alertando dende o minuto un, que o seu interese nunca estivo en Galicia e nos seus problemas, se non verse en Moncloa” .
A organización socialista antes estes movementos denuncian as declaracións en redes de Adrián Pardo, presidente de Novas Xeracións, quen “ogallá tivese a mesma énfase que ten para pedir un cambio no PP, como para defender o interese da xuventude galega abandonada pola xestión de Feijóo “.
Os mozos e mozas socialistas lamentan que “nun acto bastante precoz, o neno de Feijóo abandona á mocidade galega para facerse oco nas liortas de Madrid”. Engaden que “mentres Pardo xoga como peón de Feijóo, esquécese dos problemas para acceder á vivenda, de que os orzamentos en xuventude diminuísen dous anos consecutivos ou que o talento é expulsado do país pola falta de oportunidades”.
Xurxo Doval, secretario xeral, alerta da “falta de valentía e serenidade política por parte de Pardo para denunciar a corrupción de Ayuso, porque sabe que iso tamén pasa en Galicia, e a “famiglia” está por enriba da honorabilidade das institucións”.
Xuventudes Socialistas de Galicia