As Xuventudes Socialistas de Galicia fixeron un reparto da súa campaña “aPPosta.Ti perdes, eles gañan” no centro da cidade herculina para alertar do vínculo do PPdeG coa patronal do xogo no país e como se protexen as costas nunha rede case familiar
Eduardo Astray, secretario local, advertiu que “a ameaza do xogo está tan presente na cidade, que na praza de Pontevedra encontramos unha sede de Codere a escasos metros dun colexio”
Xurxo Doval, secretario nacional, sinalou que “o xogo supón un potencial risco para a mocidade galega, sobre todo cando máis do 2% dos menores pode ter ludopatía, e o único culpable é o Sr. Feijóo”
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2022
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) fixeron un reparto da súa campaña “aPPosta.Ti perdes, eles gañan” no centro da cidade herculina para alertar do vínculo do PPdeG coa patronal do xogo no país e como se protexen as costas nunha rede case familiar.
Durante o reparto foron explicando algunhas das principais problemáticas actuais que está a vivir a mocidade respecto o xogo e a ludopatía. O 24% dos mozos admite ter apostado sendo a principal modalidade a aposta deportiva, á cal teñen unha gran accesibilidade pola súa presenza nos bares.
Xuventudes Socialistas de Galicia