Convocatoria a medios
Convocatoria a medios
Convocatoria a medios
Convocatoria a medios
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron este venres en Santiago, diante da biblioteca Concepción Arenal, a campaña "APPosta. Ti perdes, eles gañan" na cal denuncian a inexistente regulación do xogo en Galicia e os vínculos familiares e amistosos que unen á patronal co PPdeG.
O estudantado logrou acadar unha reivindicación histórica, por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da súa vindeira matrícula, correspondente ao seguinte curso académico. Isto supón que as mozas e mozos sexan coñecedores de antemán tanto da súa aprobación coma da cantidade económica que lles corresponde.
As Xuventudes Socialistas (XSG) constituíron este venres pola tarde no Milladoiro a agrupación local da organización, a cal estará liderada por Antón Rivas, o cal estivo acompañado do secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, e o alcalde do concello, Blas García, xunto con outros membros da corporación municipal.
As Xuventudes Socialistas (XSG) non dan crédito ao circo político iniciado co conflito Ayuso-Casado e que terá como vencedor a Feijóo, algo que din que "xa levamos alertando dende o minuto un, que o seu interese nunca estivo en Galicia e nos seus problemas, se non verse en Moncloa" .
O Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas (XSG), Xurxo Doval, criticou a discriminación da mocidade e da infancia nas medidas establecidas durante a pandemia. Doval advertiu que UNICEF xa criticou no seu informe sobre o Estado Mundial da Infancia do ano 2021 xa puña sobre a mesa a incidencia grave que as medidas contra a COVID-19 estaban a ter na saúde mental da infancia e a mocidade.